UN ALCALDE QUE SE DEBA A RIANXO
Durante estes últimos catro anos Rianxo en Común liderou a oposición ao Goberno bipartito do Partido Socialista e do BNG. Un Goberno ausente e que non estivo á altura do que o noso municipio requería.
Preséntome novamente á Alcaldía de Rianxo co obxectivo de encabezar un Goberno que se deba a Rianxo e non ao partido, coas mans libres para defender os intereses dos rianxeiros e das rianxeiras e cunha folla de ruta marcada polas necesidades da veciñanza, non polos intereses de parte.
Nacín e crieime neste pobo que tanto quero, e polo que me comprometo a seguir traballando co obxectivo de recuperar Rianxo para a súa xente, recuperar o seu tecido comercial e a vitalidade das súas rúas, recuperar unhas aldeas nas que poder vivir e das que poder vivir, recuperar un Rianxo amable coa rapazada e coas persoas maiores, cuns servizos públicos adecuados en cada recuncho do municipio.
Xuntos e xuntas ímolo conseguir. Se non o facemos nós, quen o vai facer?
Julián Bustelo.