Medida 1. Crearemos a Área de Planificación Económica, Emprego e Emprendemento, que dependerá directamente da Alcaldía, co fin de centralizar toda a estratexia municipal relacionada co desenvolvemento económico e/ou políticas de emprego, potenciando a relación colaborativa co noso tecido empresarial e comercial coa finalidade de lograr recuperar a economía local e, en particular, o pequeno comercio.
Medida 2. Redactaremos e aprobaremos unha nova ordenanza de tramitación coa finalidade de reducir e simplificar os trámites para a obtención de licenzas de actividade, funcionamento, obras, etc.
Medida 3. Aprobaremos unha nova Ordenanza Fiscal relativa á instalación de terrazas máis xusta co noso sector hostaleiro.
Medida 4. Darémoslle prioridade total á dotación de novo chan industrial nunha localización diferente á actual.
Medida 5. Vincularemos a dotación de novo chan industrial á creación e posta e funcionamento dun Viveiro de Empresas para axudar a quen queira montar un necogio e non teña capacidade de alugar un local.
Medida 6. Crearemos un banco municipal de locais en alugueiro, de tal xeito que o Concello xestione o aluguer dos locais voluntariamente incluídos no mesmo a prezos razoables e por debaixo do mercado, para desenvolver proxectos comerciais por un mínimo de cinco anos.
Medida 7. Convocatoria anual dun premio que recoñeza e apoie a implantación de novos proxectos empresariais en Rianxo, atendendo ao seu posible impacto na economía rianxeira, creación de emprego, posta en valor dos produtos locais, utilidade do proxecto para outras empresas existentes, etc.
Medida 8. Convertiremos o Mercado Municipal nun referente comercial dos produtos locais, realizando nel as melloras necesarias e potenciando a diversificacións de funcións. Á vez, buscaremos financiación para emprazalo noutra localización.
Medida 9. Reordenación das políticas de formación para o emprego mediante a adecuación dos procesos formativos á realidade económica do municipio e á demanda do empresariado local e comarcal.
Medida 10. Apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro mediante a promoción do emprego e o relevo xeracional, así como a través da promoción dos produtos do mar e a potenciación, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Rianxo, do selo de calidade «Xouba de Rianxo».
Medida 11. Promoveremos o establecemento de convenios de colaboración coas universidades do Sistema Universitario Galego apostando pola investigación e a creación de polos de innovación en sectores clave como son o mar, as actividades relacionadas co procesado e a comercialización de produtos do mar, as actividades agro-alimentarias, así como os produtos derivados do monte.
2. ATRAER VISITANTES PARA A VILA E AS PARROQUIAS
Medida 12. Habilitarremos unha Área para Autocaravanas en Campo Maneiro.
Medida 13. Negociaremos con Portos de Galicia a cesión do espazo situado a carón do Auditorio de Rianxo coa finalidade de establecer, tamén alí, un espazo como o anterior.
Medida 14. Deseño, adecuación e sinalización de rutas de senderismo diversificadas, así como mantemento das xa existentes, para reforzar a nosa oferta turística e potenciar un modelo de ocio saudable.
Medida 15. Mellora da sinalización dos recursos turísticos do noso municipio, así como de outros puntos de interese para as persoas que nos visitan.
Medida 16. Promoveremos a creación en Isorna, final de etapa do Camiño a Santiago dende o Barbanza «A Orixe», dun albergue municipal para a recepción de visitantes.
Medida 17. Reforzar o posicionamento no mercado dos produtos vinculados á nosa oferta turística, propoñéndolle aos profesionais do sector a implicación municipal na ampliación da actual oferta de eventos/feiras anuais ou o aproveitamento dos acontecementos culturais e deportivos de maior relevancia para a comercialización de paquetes turísticos.
Medida 18. Posta en marcha da App «Desfruta Rianxo», unha aplicación móbil que ofreza – en galego, castelán e inglés – todo o necesario para desfrutar ao máximo da nosa vila e parroquias, incluíndo información relativa a hospedaxe e hostalaría.
3. REXENERACIÓN POLÍTICA E XESTIÓN EFICIENTE DO DIÑEIRO PÚBLICO
Medida 19. Drástica modificación da política de subvencións municipais, garantíndose a máis estrita igualdade de oportunidades no acceso e no trato pola vía da aprobación dun regulamento específico de valoración. Ningunha axuda municipal estará condicionada por criterios arbitratios e que a cidadanía decoñeza.
Medida 20. Xestión transparente, organizada e planificada na concesión de uso dos espazos públicos utilizados polas asociacións e entidades culturais e deportivas.
Medida 21. Publicación da información do Concello (adxudicación de contratos, decretos e resolucións de todos os órganos municipais, incluídos os dos unipersoais como a Alcaldía) de xeito contínuo. Urxe abrir as portas e ventás do Concello e é necesario que corra aire fresco e comece un novo tempo de transparencia.
Medida 22. Comprometémonos a realizar asembleas de rendición de contas diante da veciñanza cunha periodicidade límite de 6 meses, así como a fixar unha data e lugar de reunión en menos de 2 días cando así nolo demande un veciño, unha veciña ou calquera entidade.
Medida 23. Actualización – a través da apertura dun segundo periodo de exposición pública – e aprobación do Inventario de Camiños Municipais, así como elaboración e aprobación do Inventario de Bens Inmobles Municipais.
Medida 24. Aprobaremos a Relación de Postos de Traballo do Concello de Rianxo.
Medida 25. Política económica ordenada e fiable. Cómpre reverter a situación actual pola vía da aprobación anual duns orzamentos realistas que planifiquen de maneira estrita a actuación do Goberno. A praxe actual acaba provocando, en última instancia, que os nosos proveedores tarden meses para cobrar polos traballos que executan.
Medida 26. Poremos en marcha os primeiros Orzamentos Participativos da historia de Rianxo (aproximadamente o 2% do total) para que os veciños e veciñas decidan directamente en que se gastan os fondos.
Medida 27. Vincularemos a dotación de novo chan industrial á creación dun espazo municipal para centralizar a maquinaria e as ferramentas do Servizo de Obras. Actualmente estamos pagando mensualmente algo máis de 2.500€ polo aluguer de dúas naves con esa mesma finalidade, o que supuxo un gasto de aproximadamente 120.000€ durante a última lexislatura.
Medida 28. Información detallada e actualizada a través das canles oficiais sobre calquera cuestión que poida afectarlle á veciñanza ou que poida resultar de interese (cortes de suministro ou de tráfico, ordenanzas municipais, normativa autonómica, prestación de servizos no noso municipio como a renovación do DNI ou a ITV, etc.). O que fixemos na oposición farémolo tamén dende o Goberno.
Medida 29. Iniciaremos o proceso de dixitalización de documentación do Arquivo Municipal e coa finalidade de dar os pasos necesarios cara unha xestión documental eficaz e eficiente, tendo en conta todo o ciclo de vida dos documentos, tanto en papel como os electrónicos, dende a súa creación, recepción e rexistro ata a súa transferencia a outros sistemas de almacemento ou expurgo.
4. FACER XUSTIZA COAS NOSAS ALDEAS
Medida 30. Poremos en funcionamento un Plan Municipal de Vieiros coa finalidade de organizar e estruturar as actuacións sobre os diferentes camiños e pistas, superando a tradicional e ineficaz política de rebacheo e de asfaltados electoralistas. Apostaremos por aplicar criterios obxectivos que veñan a regular e organizar a actuación sobre as múltiples pistas e camiños da extensa rede viaria de titularidade municipal, orzamentando a atención inmediata aos casos máis urxentes con fondos propios.
Medida 31. Cando o anterior, elaboración, fixación e publicación dun calendario anual de limpeza de beiravías e cunetas coa finalidade de organizar estas actuación e que sexan coñecidas polos veciños.
Medida 32. Traballaremos para continuar estendendo a rede de saneamento e de abastecemento de auga a todas e cada unha das vivendas do noso municipio.
Medida 33. Sinalizaremos de maneira adecuada cada unha das parroquias e aldeas do noso municipio.
Medida 34. Poremos en funcionamento unha liña de axudas municipais para apoiar a aquelas persoas propietarias de fincas cultivables que queiran instalar nas súas propiedades dispositivos de prevención contra os ataques do xabaril.
Medida 35. Levaremos a cabo un Plan de Recuperación de Fontes, Lavadoiros e Cruceiros Públicos baseado na súa limpeza e sinalización.
Medida 36. Apoio aos procesos de concentración parcelaria nas parroquias nas que os veciños e veciñas queiran inicialos.
Medida 37. Deseñaremos e executaremos un Plan Municipal de Transición Forestal co fin de reverter o actual estado de boa parte do noso monte, facelo economicamente rendible para a veciñanza e máis seguro diante do permanente risco dun incendio. Neste senso, apostaremos por darlle apoio e continuidade ao traballo xa realizado pola Plataforma pola Defensa do Monte durantes estes últimos anos e ás iniciativas impulsadas por diferentes Comunidades de Montes e o movemento Fousas ao Montes.
Medida 38. Os centros culturais e outros espazos municipais de reunión, incluídas as escolas unitarias desafectadas, presentan dende fai moito tempo un estado lamentable no seu conxunto. Urxe actuar para acondicionar estes espazos como elementos centrais da vida social das parroquias e dotalos dos medios e infraestruturas necesarios para contribuír a xerar neles unha actividade regular e para todos os públicos.
Medida 39. Darémoslle pripridade á recuperación dos espazos de xogo para a rapazada nas diferentes aldeas dos municipios, nas cales ou ben xa non existen ou se atopan nun estado lamentable.
5. INFRAESTRUTURAS. MELLORA E MANTEMENTO DO EXISTENTE POR DIANTE DAS GRANDES OBRAS
Medida 40. Reapertura do Consultorio de Taragoña, previa execución das actuacións de mellora esixidas dende fai anos, non só polos veciños e veciñas usuarias, senón tamén polos propios traballadores e traballadoras.
Medida 41. Pular pola recuperación da fachada marítima rianxeira como un espazos aberto ao mar e cos peóns como protagonistas, eliminando os atrancos existentes como a illa para colectores instalada durante esta última lexislatura.
Medida 42. Adecuada limpeza dos espazos urbáns, xardíns e beirarrúas. Nos últimos anos a falta de limpeza foi a tónica habitual tanto nas parroquias como na vila.
Medida 43. Promoveremos unha solución para os problemas de aparcamento na zona da Martela.
Medida 44. Demanda da construción de beirarrúas nas estradas xestionadas pola Deputación da Coruña e pola Xunta de Galicia que atravesan o noso municipio:
AC- 305 entre A Casilla (Araño) e Outeiro (Taragoña).
DP-3301en Palleiro (Leiro).
DP-3301 entre Rañó (Leiro) e Abuín (Leiro).
DP-7202 ao seu paso por Burés (Asados).
Medida 45. Demanda do incremento seguridade viaria nos puntos perigosos, especialmente para o tránsito peonil, existentes na actualidade no noso municipio nas estradas de titularidade autonómica ou provincial.
Medida 46. Actuacións necesarias para a mellora do Parking de Rianxo e do Parking Taragoña, sinalización e promoción do seu uso.
Medida 47. Remataremos da actuación iniciada no 2019 para a construción de cinco locais de ensaio para entidades culturais. Na realización da obra gastáronse 250.000€ e a día de hoxe os locais están inutilizables.
Medida 48. Mellora do firme do paseo marítimo e cambio da iluminación.
Medida 49. Habilitaremos una apeadoiro de autobuses na rotonda de Setefogas, facendo así permanente a situación que se dou recentemente durante as obras realizadas na Ribeira.
Medida 50. Facilitaremos o acceso de cans a un dos areais do noso municipio e promoveremos a creación dunha zona de esparexemento.
6. UN CONCELLO MÁIS LIMPO E MÁIS SOSTIBLE ENERXÉTICAMENTE
Medida 51. Daremos os pasos necesarios para a declaración do Río Te como Espazo Natural de Interese Localde acordo co establecido no artigo 17 da Lei 9/2021, de 21 de agosto, de conservación da natureza. Este recoñecemento pretende ser deseño, planificación e execución dunha serie de actuacións encamiñadas, fundamentalmente, a recuperar e conservar o patrimonio natural e cultural da contorna do río, a eliminar vertidos contaminantes e a divulgar os valores ecolóxicos vencellados á zona.
Medida 52. Avaliación do funcionamento da rede de saneamento e dos puntos de bombeo coa finalidade de sufragar os problemas detectados ao longo destes anos e eliminar os vertidos de de maneira períodica se producen.
Medida 53. Crearemos dunha Oficina Municipal de Enerxía coa finalidade de ofrecerlle a toda a veciñanza, en colaboración coas empresas especializadas do municipio, un servizo gratuíto de información, atención e intervención en materia de dereitos enerxéticos, aforro de enerxía, axudas e incentivos económicos para a eficiencia enerxética na instalación de sistemas de enerxía renovable.
Medida 54. Auditoría enerxética das infraestruturas e servizos municipais coa finalidade de detectar gastos innecesarios, aplicar contractos máis beneficiosos/axeitados e cambiar a instalacións máis eficientes cando sexa posible.
Medida 55.Crearemos un carril bici segregado nas vías principais ou de alta acumulación de tráfico do noso municipio.
Medida 56. Implantación dunha rede de distribución de calor para calefación e auga quente sanitaria baseada en enerxía renovable, coa finalidade de darlle servizo aos equipamentos públicos existentes no centro da vila (Casa do Concello, piscina, Pavillón Municipal José Manuel «Chema», edificio do ISM, etc.).
Medida 57. Fomento da repoboación de terreos forestais con frondosas nas faixas de protección coa finalidade de manter estes espazos próximos aos núcleos libres de vexetacións pirófila.
Medida 58. Instalaremos un punto de recarga para vehículos eléctricos no parking de Taragoña e outro no parking de Rianxo.
Medida 59. Modificaremos as tarifas do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) en función do tipo de vehículo e combustible.
Medida 60. Bonificaremos o Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras (ICIO) a toda obra encamiñada á mellora da eficiencia enerxética.
Medida 61. Instar á Xunta de Galicia a dedicar os recursos humanos e económicos necesarios para investigar os vertidos, a calidade da depuración das EDAR e as condicións dos ríos de desembocan na ría de Arousa.
7. EDUCACIÓN E CULTURA. INVESTIR NO PRESENTE PARA RECOLLER NO FUTURO
Medida 62. Reactivación do Consello Escolar Municipal e fixación de reunións periódicas do mesmo co fin de unir esforzos e optimizar recursos, implicando a profesores, alumnos, nais e pais, así coma ao conxunto da administración e do movemento asociativo. Aparcar diferenzas á hora de afrontar os asuntos relacionados coa educación a fin de ser capaces de chegar a acordos negociados na certeza de que iso redundadá en beneficio das novas xeracións e, polo tanto, do noso propio futuro coma Concello.
Medida 63. Negociaremos para o IES Félix Muriel un incremento da oferta de ciclos formativos e solicitaremos unha Extensión da Escola Oficial de Idiomas para cursar no noso municipio, cando menos, os niveis B1 e B2 de inglés.
Medida 64. Defenderemos a permanencia das actuais escolas unitarias existentes no noso municipio e traballaremos por mantelas nun adeucado estado, co convencemento de que o modelo educativo que favorecen está por diante de calquera ratio que a Xunta de Galicia queira impoñer.
Medida 65. Demandaremos as melloras necesarias para garantir a accesibilidade nos colexios de educación primaria do noso municipio, así como outras actuacións relativas á seguridade do alumnado, eliminación de humidades…
Medida 66. Poremosen funcionamento a aula de estudo nos baixos das Casas dos Mestres, cuns servizos adecuados para que o alumnado rianxeiro poida traballar con comodidade, implementando un sistema de acceso que permita superar a actual situación na que habendo cadeiras baleiras usuarios e usuarias non poden acceder.
Medida 67. Da man das entidades culturais do municipio, estableceremos un calendario anual de eventos para evitar o solapamento de actividades e co obxectivo de poder integrar nos programas eleborados por cada unha delas actucións financiadas con fondos provinciais.
8. DEPORTE E SAÚDE
Medida 68. Executaremos diferentes actuacións nos campos de futbol municipal encamiñadas a aproveitar mellor o espazo e a aumentar o espazo útil dos mesmos, e traballaremos para conseguir o financiamento necesario para outras actuacións de maior envergadura (cambio de céspede).
Medida 69. Realizaremos nos polideportivos as actuacións de mantemento que necesitan e traballaremos para dotalos de novas prestacións incrementando así as súas posibilidades de uso para diferentes deportes/competicións (especialmente no caso do de Taragoña).
Medida 70. Diálogo aberto con todas as entidades deportivas do municipio coa finalidade de acompañalos na súa actividade e facerlles máis doado o traballo no posible.
Medida 71. Dotaremos de Wifi os campos municipais fútbol e os polideportivos para que os clubs e entidades que os usan poidan facer as súas xestións.
Medida 72. Promoveremos a construción de pistas de padel no noso municipio, dado que a día de hoxe non temos ningunha, así como o aumento de equipamentos deportivos ao aire libre para o desfrute de todos os veciños e veciñas.
9. SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE E BEN XESTIONADOS
Medida 73. Reactivaremos proceso de remunicipalización do servizo de abastecemento de auga e saneamento paralizado no ano 2017.
Medida 74. Iniciaremos o proceso para que o Concello de Rianxo, seguindo o exemplo da Pobra do Caramiñal, asuma a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar, executanto en paralelo as medidas necesarias para acabar coa precariedade no servizo.
Medida 75.Inmediata licitación do servizo de recollida de lixo apostando pola compostaxe.
Medida 76. Posta en funcionamento dun sistema municipal de conciliación familiar, apostando pola xestión pública do servizo de comedor do CEIP Ana María Diéguez de Asados e do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña e organizando, en estreita colaboración coas ANPAS o un Plan Madruga que atenda ás súas necesidades.
Medida 77. Daremos os pasos necesarios para licitar o servizo de recollida de animais abandonados, implementando a recollida por lacería e promovendo a adopción no propio municipio daqueles animais que non sexan identificados.
Medida 78. Implementaremoso método CES (capturar-esterelizar-soltar) para controlar a poboación de gatos sen dono pola vía da sinatura dun convenio de colaboración coa clínicas veterinarias do municipio.
Medida 79. Licitación do servizo de transporte municipal coa creación, cando menos, dunha ruta en horario de tarde.
Medida 80. Continuaremos defendendo mellora da atención sanitaria no noso municipio co reforzo do servizo de pedriatría, a implantación dun PAC de tarde, creación dun servizo de fisioterapia e ampliación do horario da ambulancia do 061 para que opere as 24 horas do día.
Medida 81. Poremos en marcha unha Aplicación Móbil que permita á veciñanza dispor na palma da súa man dunha liña directa co Concello, a través da que notificar calquera tipo de incidencia. Coa mesma, os rianxeiros e rianxeiras poderán enviar un parte de incidencias, as 24 horas do día, durante os 365 días do ano, recibidas en tempo real, polo que a resposta será moito máis rápida. Simplemente deberán sinalar o lugar da incidencia, engadir unha foto e, inmediatamente, esta será comunicada de maneira automática ao departamento correspondente. Unha vez sexa solucionada, o veciño/a recibirá unha mensaxe no teléfono avisándoo de que a incidencia foi resolta.
10. UN RIANXO DOS COIDADOS E EN IGUALDADE
Medida 82. Creación da Concellería deMaiores e de Benestar Social. Estamos en débeda cos nosos maiores e é a nosa obriga escoitalos e ter en conta as súas opinións, preocupacións e gustos co obxectivo de satisfacer, na medida do posible, as súas demandas.
Medida 83. Creación dun Centro de Información á Muller no que se preste asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recrusos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecuención da igualdade real das mulleres.
Medida 84. Posta en funcionamento do Centro de Día de Rianxo no Pazo de Rianxiño, adquirido por 1,6 millóns de euros fai catros anos con esa finalidade.
Medida 85. Creación dunha liña de axudas destinadas a promover a autonomía persoal e a accesibilidade. A finalidade destas axudas debería ser a de apoiar á persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria, facilitar adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda, así como a adquisición de próteses dentais e audiófonos ao obxecto de compensar as limitacións funcionais.
Medida 86. Deseño e execución dun Plan Municipal de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas baseado fundamentalmente na realización dun inventario dos puntos da vía pública nos que se incumpre a normativa vixente na materia coa finalidade de correxilos de maneira paulatina mediante a reserva do 1% do Orzamento Municipal anual a esas actuacións.
Medida 87. Estratexia contra a soidade non desexada e a favor do envellecemento activo ampliando a oferta de ocio destinada a persoas maiores, especialmente nas parroquias, poñendo o foco en actividades destinadas á promoción de conductas saudables, ao fomento da actividade física e ao mantemento activo das capacidades cognitivas.
Medida 88. Organizaremos unhas Xornadas Anuais sobre Saúde Mental co obxectivo de facer pedagoxía entre os veciños/as de vila e parroquias ó respecto da importancia da prevención.